Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

Vª XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA

O vindeiro xoves 15 de Outubro do 2020, celebraránse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, este atípico ano motivado polo COVID-19 únicamente se fará un showcooking na Sala de Exposicións do Coliseo de Noia, ás 17:00 horas, no que se poderán degustar 4 elaboracións realizadas polas cociñeiras:

LUCIA FREITAS (Restaurante a Tafona, Lume- Santiago de Compostela) Estrela Michelín.

MARÍA VARELA ( REstaurante A Parada das Bestas- Palas de Rei- Lugo).

YOLANDA LEÓN (Restaurantes Cocinandos- León) Estrela Michelín.

Iria Espinosa (Restaurante Árbore da veira- A Coruña) Estrela Michelín.

Aforo limitado.

Todo/a persoa interesada en participar no showcooking poder solicitado no correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata agotar aforo.

As xornadas contan co patrocinio da Xunta de Galicia, Consellería do Mar, cofinanciadas ao 75% polo FEMP.

A Confraría.

 

 

 

Attachments:
Download this file (CARTEL V XORNADAS.pdf)V XORNADAS[ ]106 kB

CHARLA PROXECTO ECONOIA E OUTROS

Dase publicidade a charla sobre o lixo mariño o vindeiro 4 de Setembro de 2020 de 10:30 a 12:30 na sociedade Liceo de Noia (aforo limitado) , para asistir e necesario inscribirse con nome e DNI no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Darase tamén información e publicidade aos proxectos NATURANOIA 20/21; GALP4-070 Patrímonio Inmaterial  Ría Muros-Noia; GALP4- 095 Aplicación xestión Informática XESMAR; Proxecto PE209G Axudas portos pesqueiros. Carro Varadoiro.

A Confraría

Attachments:
Download this file (cartel charla ECONOIA.pdf)CARTEL CHARLA ECONOIA[ ]191 kB


RESOLUCION CONCURSO COBERTURA VACANTES MARISQUEO A PÉ

RESOLUCION DO 15 DE MARZO DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE  SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

Prégaselles ás persoas solicitantes, que aporten xunto coa restante documentación, o documento indicado no apartado 1.3 c.1 do Anexo A da mesma:

 c.1) Demandante de emprego:

Informe actualizado dos períodos de inscrición do servizo público de Emprego acreditando o tempo que estivo inscrito como demandante de emprego, expedido pola oficina de emprego.


  Xa que nestes intres por problemas técnicos, baixo a autorización para a súa consulta a  Consellería do Mar, non é posible a obtención de dito documento polo que sería necesario requerirlles ás persoas solicitantes a súa presentación demorando a tramitación do proceso.

A resolución publicouse na web da Consellería do MAr, hoxe 16 de Marzo, polo que neste caso o prazo de entrega de solicitudes será deo 19 de Marzo ao 10 de Abril (15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución)

 Para máis información poden chamar ou consultar nas oficinas da Confraría de Noia. Temos á súa disposición impresos de taxas cumprimentados.

 

Attachments:
Download this file (PE401B.pdf)SOLICITUDE[ ]116 kB
Download this file (RESOLUCION CONVOCATORIA XERAL A PÉ_NOIA.pdf)CONCURSO A PE[ ]1205 kB


Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector