Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

ACORDO NORMAS CAMPAÑA

O CABIDO DA CONFRARÍA DE NOIA, APROBOU POR UNANIMIDADE AS SEGUINTES NORMAS DE CAMPAÑA:

HORARIOS: MARISQUEO A FLOTE D 09:00 A 10:30 HORAS (NON SE PODERÁ SAIR DOS PANTALÁNS ANTES DAS 08:20 HORAS).

A PÉ: HORARIO DE TRABALLO DE 09:30 A 12:30 (PODERASE SAIR HACIA A ZONA DE TRABALLO ÁS 08:45 HORAS.

TOPES: MARISQUEO A FLOTE 1º E 2º TRIPULANTE 30 KG  3º OU 4º 20 KG. AMEIXA 2 KG TRIPULANTE DE TODALAS ESPECIES.

A PÉ: 20 KG PERSOA E 2 KG DE CADA UNHA DAS DISTINTAS ESPECIES.

ZONAS TRABALLO: CUNCHEIRO, TABOLEIRO, MISELA, BROÑA, SIAVO, SECA BROÑA, BOA GRANDE E PEQUENA, MEXILLOEIRA... PONDRANSE BOIAS, E TRABALLARASE DENDE ESTAS ATA A ILLA DA CREBA.

AS EMBARCACIÓNS NON PODERÁN CHEGAR Á LONXA MÁIS TARDE DAS 13:30 HORAS.

ARTES AUTORIZADAS: A FLOTE RASTRO DE BERBERECHO DE 20 MM DE SEPARACIÓN ENTRE VARILLAS  E 54 CM DE DE DUELA, A PÉ RASTRILLO DE BERBERECHO DE 20 MM ENTRE VARILLAS E 6,5 CAM DE LONXITUDE DE DENTE.

PUNTOS DE VENDA: LONXAS DE TESTAL E O FREIXO.

PUNTOS  DE CONTROL: DE OBRIGADO PASO POLAS BATEAS HABILITADAS NO FREIXO E TESTAL DONDE SE TOMARÁ NOTA DOS TRIPULANTES A BORDO DAS EMBARCACIÓNS.

SERÁ OBRIGATORIO FONDEAR A EMBARCACIÓN COA PROA ORIENTADA Á CORRIENTE E AO VENTO.

É OBRIGATORIO TRAER O MARISCO DIRECTAMENTE DO LUGAR DE TRABALLO ÁS LONXAS DE TESTAL E O FREIXO, NON PODENDO DESPLAZARSE A NINGÚN OUTRO LUGAR SEN REALIZALA VENDA DE MARISCO. NON SE PODRÁ ESCOLLER EN TERRA, NIN NOS CANAIS O MARISCO, DEBERASE REALIZAR NAS ZONAS DE TRABALLO.

SI HAY MAL TEMPO ESCOLLERASE EN PEDRAS, SIAVO OU DOQUE. OBRIGATORIO CLASIFICAR AS AMEIXAS POR ESPECIES SEPARADAS. OS GARDAPESCAS REALIZARÁN CONTROIS DOS RASTRO NO MAR E OS COMPARTIMENTOS DEBERÁN ESTAR ABERTOS AO ESCOLLER.

E MOI IMPORTANTE QUE A CUNCHA CAPTURADA  ESPARCERASE POLOS COSTADOS. PROHIBIDO VOLTEAR O CAPACHO TODO XUNTO.

CADA TITULAR DE CARNÉ DEBERÁ LEVALO A BORDO DA EMBARCACIÓN E USARANSE OBRIGATORIAMENTE BARREÑÓNS PEQUENOS PARA O BERBERECHO E BOLSAS DE REDE PARA A AMEIXA. (PROHIBIDO BOLSAS DE PLÁSTICO).

PROHIBIDO LANZAR O RIZÓN DENTRO DA ZONA VEDADA CON BOIAS.

OS TOPES PODEN VARIAR SEGÚN A EVOLUCIÓN DOS PREZOS DO MARISCO.

A ZONA DE BERBERECHO GRANDE ESTÁ NO MISELA, NO RESTO DE ZONAS A DÍA DE HOXE O BERBERECHO E DE 3ª CATEGORÍA. HAI BASTANTE AMEIXA BABOSA, E MOITA QUE NON DA AINDA A TALLA, POR ISO E MOI IMPORTANTE RESPETAR TOPES E TALLAS, A AMEIXA XAPÓNICA ESTÁ PRINCIPALMENTE NO CUNCHEIRO.

O TOPE DO 3º TRIPULANTE A FLOTE, SERÁ IGUAL AO DO MARISQUEO A PÉ EN CADA MOMENTO.

NAS LONXAS HABERÁ CONTROL DE AFLUENCIA E DE DISTANCIA COMO MEDIDA COVID, NON SERÁ OBRIGATORIO O USO DE MASCARILLAS.

A CONFRARÍA.






Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector