Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

MODIFICACION TOPES BERBERECHO LUNS 10 MARZO

O CABIDO ACORDOU POR MAIORÍA A MODIFICACIÓN DOS TOPES DE BERBERECHO PARA O VINDEIRO LUNS 10 DE MARZO:

A FLOTE: 1º E 2º TRIPULANTE 5 KG 3º OU 4º 3 KG BERBERECHO, A AMEIXA SEGUE IGUAL 3 KG A. XAPÓNICA, 3 KG A. BABOSA E 2 KG A. FINA POR TRIPULANTE ENROLADO E A BORDO.

A PE: 3 KG BERBERECHO, 3 KG A. XAPÓNICA, 3 KG A. BABOSA, 2 KG A. FINA.

MANTÉNENSE OS HORARIOS A FLOTE E A PE.

NOTA: ACÓRDASE UN PREZO MÍNIMO PARA O BERBERECHO DE 2 € /KG EN CASO DE NON ACADARSE TOMARANSE MEDIDAS RESTRICTIVAS.

A CONFRARÍA.


CONCURSO MARISQUEO A PE AUTORIZACIONS NOIA

PUBLICAMOS RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMEX NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES DO 26 DE FEBREIRO AO 18 DE MARZO.

OBRIGATORIO PRESENTAR EN SEDE ELECTRONICA XUNTA DE GALICIA.

BASES E DOCUMENTOS NECESARIOS ADXUNTOS.

A CONFRARÍA DE NOIA

Adjuntos:
Descargar este archivo (anexo_c_catalogo-marisqueo-a-pe-setembro-2024.pdf)CATALOGO ACTIVIDADES[ ]163 kB
Descargar este archivo (BAREMO.pdf)BAREMO[ ]212 kB
Descargar este archivo (PE401B.pdf)SOLICITUDE[ ]1186 kB
Descargar este archivo (Resolucion_e_bases_da_convocatoria_mxeral_Noia_asin.pdf)RESOLUCION PROCESO SELECTIVO[ ]202 kB
Descargar este archivo (TAXAS MARISQUEO  A PE.pdf)IMPRESO TAXAS[ ]498 kB

PUBLICIDADE CURSO PLP SECCIÓN MAQUINAS 3 MARZO 2025

Dase publicidade ao proxecto FORMANOIA 3 (2024-2025). EXPEDIENTE : PE610A-2024-00056.

ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES S. BARTOLOMÉ DE NOIA.

CURSO PATRÓN LOCAL DE PESCA (SECCIÓN MÁQUINAS). Data: do 3 de Marzo ao 3 de Abril de 2025. 

HORARIO: de 15:30 a 18:30 e de 19:00 a 21:00 horas.

 A CONFRARÍA

COFINANCIADO POLA UNION EUROPEA.FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DA ACUICULTURA (FEMPA).

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (CARTEL PE610 2024 00056.pdf)cartel curso PLP MAQUINAS[ ]507 kB

ORDE AXUDAS INVESTIMENTOS PESCA SOSTIBLE BUQUES

DAMOS PUBLICIDADE A ORDE DE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS QUE FOMENTEN A PESCA SUSTENTABLE PARA PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS ANO 2025:
(Extracto da Orde da Consellería do Mar de 9 de xaneiro de 2025)
(A título indicativo e non exhaustivo)

OBXECTO:
-Realización de actuación por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.

FINALIDADE: As axudas terán como finalidade a realización de investimentos:
-Que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
-Que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
-En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.
-Que aumenten o valor engadido, a calidade dos productos e a utilización de capturas non desexadas.

REQUISITOS PRINCIPAIS:
-Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e que non teñan resolución desfavorable de regularización.
-Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
-Ter a correspondente autorización ou solicitude de autorización para realizar os investimentos naqueles casos nos que sexa necesaria.
-Ter constituido seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
-Haber levado a cabo actividades pesqueiras no mar polo menos 60 días nos anos 2023 e 2024
-Durante os cinco anos seguintes ao pagamento non se pode:
-Cesar na actividade produtiva.
-Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.
-Cambiar a propiedade do buque.
-A suma das vendas do ano anterior debe ser superior ao 50% da media do
porto base e segmento da frota.


INVESTIMENTOS OBXECTO DA AXUDA:
-Mellora da seguridade a bordo do buque.
-Mellora das condicións de traballo.
-Mellora das condicións de hixiene.
-Substitución de motor (O buque debe constar no Rexistro Xeral da Flota Pesqueira como mínimo os 5 anos civís previos ao 2025 e a potencia do novo motor non supere a do motor existente se o buque ten unha eslora ata 12 metros e que pertenza a un sector en equilibrio coas posibilidades da pesca)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de Febreiro de 2025. presentación obrigatoria por sede elecrónica.
Máis información:
-Orde da Consellería do Mar do 9 de xaneiro de 2025 (DOG Nº 5 DE 09/01/2025)
-Na Confraría

Adjuntos:
Descargar este archivo (ANUNCIO AXUDAS  INVESTIMENTOS.pdf)RESUMO ORDE AXUDAS[ ]224 kB


Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector