Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

AVISO SORTEO PRAZAS MARISQUEO A PÉ PLAN MUROSESTEIRO

DO 2 AO 12 DE XANEIRO DO 2024 ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO SORTEO DE PRAZAS NO PLAN DE AUTORIZACIÓN DE MUROS, ESTEIRO OU AMBOS.

AS LISTAS PROVISIONAIS PUBLICARÁNSE O 17 DE XANEIRO

O SORTEO SERÁ O 29 DE XANEIRO.

A LISTAS DEFINITIVAS A PARTIR DO 1 DE FEBREIRO

O IMPRESO ESTARÁ A DISPOSICIÓN DAS INTERESADAS/OS NAS OFICINAS DA CONFRARÍA


LISTADO DEPÓSITO ROL NO DISTRITO MARÍTIMO NOIA

ADXUNTO PUBLÍCASE O PRIMEIRO LISTADO DE DEPÓSITO DO ROL NO DISTRITO MARÍTIMO DE NOIA A EFECTOS DE PRESENTALO XUNTO Á SOLICITUDE DE AXUDA DE PRESTACIÓN NO ISM.

OS ROLES PODERÁN ENTREGARSE NA CONFRARÍA ATA O VENRES 17 DE NOVEMBRO INCLUIDO ( E CONSTARÁ QUE FORON ENTREGADOS O 3 DE NOVEMBRO). A PARTIR DESA DATA ENTREGARASE ÚNICAMENTE NO DISTRITO MARÍTIMO E A DATA QUE CONSTARÁ DE ENTREGA SERÁ A DO DÍA QUE SE ENTREGUE.

IRANSE PUBLICANDO PERIÓDICAMENTE O RESTO DOS LISTADOS.

A CONFRARÍA


PECHE CAMPAÑA 2023/24 POR CAUSA FORZA MAIOR

DASE PUBLICIDADE Á RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA POLA QUE SE ADOPTAN NO PLAN DE XESTIÓN DE MOLUSCOS BIVALVOS A PÉ E EMBARCACIÓN EN ZONAS DE AUTORIZACIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORS S. BARTOLOMÉ DE NOIA, POR CAUSA DE FORZA MAIOR DENDE O 2 DE NOVEMBRO AO MES DE ABRIL INCUIDOS.

AVISO IMPORTANTE: O PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDE DE REANUDACION DE PRESTACIÓN (AQUELES QUE XA A PEDIRON ANTERIORMENTE) E DE 15 DÍAS, 1 MES PARA O QUE NON SOLICITOU ANTERIORMENTE.

ACOMPAÑASE DA RESOLUCIÓN DE VEDA DO PLAN DA OSTRA.

ASÍ  MESMO DAMOS PUBLICIDADE AOS REQUISITOS PARA SOLICITAR A PRESTACIÓN POR CESE DE ACTIVIDADE ANTE O ISM:

SOLICITUDES MARISQUEO A FLOTE:

.- IMPRESO SOLICITUDE PRESTACIÓN POR CESE ACTIVIDADE CUMPRIMENTADO.

.-DECLARACION XURADA CONFORME ANEXO Á SOLICITUDE. DOCUMENTO DE DE REPRESENTACIÓN (DE SER NECESARIA).

.- CERTIFICADO DE DEPÓSITO ROL. (PÓDESE DEPOSITAR Á CONFRARÍA).

.- CERTIFICADO ALTERNANCIA DE ARTES (DOUS ANOS ANTERIORES A SITUACIÓN DE CESE DE ACTIVIDADE 02/11/21 A 02/11/23). EN CASO DE TER ALTERNANCIA EN OUTRAS ARTES DISTINTAS AO MARISQUEO, CERTIFICADO DE VENTAS).

.- DNI EN VIGOR.

.- DEMANDA DE EMPREGO.

.- LIBRO DE FAMILIA.

.- DOUS ÚLTIMOS RECIBOS DE LIQUIDACIÓN AUTÓNOMOS ( SÓ SI É A PRIMEIRA VEZ QUE SE SOLICITA A PRESTACIÓN, TRAMITARÍASE COMO CONTINUACIÓN  SI XA SE SOLICITOU ANTERIORMENTE).

 

CESE DE ACTIVIDADE MARISQUEO A PÉ.

.- IMPRESO DE SOLICITUDE CUMPRIMENTADO.

.- DECLARACIÓN XURADA CONFORME ANEXO Á SOLICITUDE. DOCUMENTO DE REPRESENTACIÓN (DE SER NECESARIO).

.- DNI EN VIGOR.

.- PERMEX EN VIGOR.

.- LIBRO DE FAMILIA.

.- DEMANDA DE EMPREGO.

.- DOUS ÚLTIMOS RECIBOS DE LIQUIDACIÓN AUTÓNOMOS (AQUELA PERSOA QUE PAGA TODO O ANO), A PERSOA QUE SE DOU DE ALTA EN OUTUBRO TRAMITARÍASE COMO REANUDACIÓN (XA SOLICITOU PRESTACIÓN ANTERIORMENTE) E NON TERÍA QUE APORTAR RECIBOS).

NOTA: EN CASO DE PRESENTAR A SOLICITUDE PERSOALMENTE NO ISM DEBEN PRESENTAR DOCUMENTOS ORIXINAIS E COPIAS.

A CONFRARÍA


VIII XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA

DAMOS PUBLICIDADE ÁS VIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DO BERBERECHO DE NOIA, CA CELEBRACION DUN SHOWCOOKING O VINDEIRO DOMINGO 5 DE NOVEMBRO NO NÁUTICO DE O FREIXO  (OUTES), DEGUSTARANSE PRATOS ELABORADOS CON PEIXE DA MARCA AZUL DE PORTOSÍN E BERBERECHO DE NOIA ÁS 12:00 HORAS.

PRAZAS LIMITADAS. RESERVAS NO TLF CONCELLO DE OUTES 981850003 (NACHO).

PATROCINADO POLA XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DO MAR.

GALICIA SABE AMAR. PESCADERIAS DE ONDE SENÓN?.

A CONFRARÍA

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (cartel.jpg)CARTEL VIII XORNADAS[ ]117 kB


Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector