Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

ORDE AXUDAS INVESTIMENTOS PESCA SOSTIBLE BUQUES

DAMOS PUBLICIDADE A ORDE DE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS QUE FOMENTEN A PESCA SUSTENTABLE PARA PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS ANO 2025:
(Extracto da Orde da Consellería do Mar de 9 de xaneiro de 2025)
(A título indicativo e non exhaustivo)

OBXECTO:
-Realización de actuación por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.

FINALIDADE: As axudas terán como finalidade a realización de investimentos:
-Que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
-Que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
-En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.
-Que aumenten o valor engadido, a calidade dos productos e a utilización de capturas non desexadas.

REQUISITOS PRINCIPAIS:
-Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e que non teñan resolución desfavorable de regularización.
-Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
-Ter a correspondente autorización ou solicitude de autorización para realizar os investimentos naqueles casos nos que sexa necesaria.
-Ter constituido seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
-Haber levado a cabo actividades pesqueiras no mar polo menos 60 días nos anos 2023 e 2024
-Durante os cinco anos seguintes ao pagamento non se pode:
-Cesar na actividade produtiva.
-Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.
-Cambiar a propiedade do buque.
-A suma das vendas do ano anterior debe ser superior ao 50% da media do
porto base e segmento da frota.


INVESTIMENTOS OBXECTO DA AXUDA:
-Mellora da seguridade a bordo do buque.
-Mellora das condicións de traballo.
-Mellora das condicións de hixiene.
-Substitución de motor (O buque debe constar no Rexistro Xeral da Flota Pesqueira como mínimo os 5 anos civís previos ao 2025 e a potencia do novo motor non supere a do motor existente se o buque ten unha eslora ata 12 metros e que pertenza a un sector en equilibrio coas posibilidades da pesca)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de Febreiro de 2025. presentación obrigatoria por sede elecrónica.
Máis información:
-Orde da Consellería do Mar do 9 de xaneiro de 2025 (DOG Nº 5 DE 09/01/2025)
-Na Confraría

Attachments:
Download this file (ANUNCIO AXUDAS  INVESTIMENTOS.pdf)RESUMO ORDE AXUDAS[ ]224 kB

AVISO SORTEO PRAZAS MARISQUEO A PE PLAN MUROS-ESTEIRO 2025

DO 8 AO 17 DE XANEIRO DO 2024 ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR PARTICIPAR NO SORTEO DE PRAZAS NO PLAN DE AUTORIZACIÓNS DE MUROS, NO PLAN CONXUNTO DE ESTEIRO OU EN AMBOS.

AS LISTAS PROVISIONAIS PUBLICARANSE O 21 DE XANEIRO.

O SORTEO SERÁ O 30 DE XANEIRO.

AS LISTAS DEFINITIVAS PUBLICARANSE A PARTIR DO 3 DE FEBREIRO.

O DOCUMENTO DE SOLICITUDE ESTARÁ A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS/AS  NAS OFICINAS DA CONFRARÍA.

NOTA: ANOTARSE E VOLUNTARIO, PERO UNHA VEZ PARTICIPAS, AS VENTAS TERANSE EN CONTA PARA A RENOVACIÓN DO PERMEX (70% OBRIGATORIO DO TOTAL DE DIAS EFECTIVOS MARISCADOS NOS DISTINTOS PLANS)


SEMBRA DE SEMENTE DE AMEIXA XAPÓNICA

ONTE VENRES 15 DE NOVEMBRO SEMENTARONSE NA ZONA DE PEDRAS 1.200.000 UNIDADES DE SEMENTE DE AMEIXA XAPÓNICA,  O LUGAR DA SEMENTE ESTÁ DELIMITADO POR BOIAS, POLO QUE ESTÁ PROHIBIDO TRABALLAR AHÍ, ASÍ COMO NA ZONA DELIMITADA NA MISELA NA QUE SE VOTA DIARIAMENTE O MOLUSCO QUE BOTAN AS MÁQUINAS CLASIFICADORAS QUE NON ACADA A TALLA MÍNIMA...

ESTA ACCIÓN FOI FINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DO MAR, DENTRO DAS ACCIONS PARA A REXENERACIÓN  QUE PERMITAN MELLORAR A PRODUTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS PE209H POR UN IMPORTE DE 15.000 EUROS.

A CONFRARÍA


INFORMACIÓN EPISODIO TOXINA PECHE DEFINITIVO

NO DÍA DE HOXE  VENRES 18 DE OUTUBRO O INTECMAR DECRETOU O PECHE POR  TOXINA DAS AUTORIZACIÓNS DE NOIA. (ONTE CAUTELAR). O LUNS ENVIARASE MOSTRA PARA ANÁLISE DO INTECMAR, (TEN QUE DAR DOUS NEGATIVOS SEPARADOS POR 48 HORAS) PARA A REAPERTURA.

INFORMARASE DO RESULTADO DA ANÁLISE PUNTUALMENTE. 

A CONFRARÍA

Attachments:
Download this file (RESOLUCIÓN PECHE NOIA INFAUNAIS.pdf)RESOLUCIÓN PECHE NOIA INFAUNAIS.pdf[PECHE DEFINITIVO NOIA]119 kB


Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector