DAMOS PUBLICIDADE Á RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA NA QUE SE PUBLICA A LISTA DE PERSOAS ASPIRANTES SELECCIONADAS (29) PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA EN AUTORIZACIÓNS DA CONFRARÍA DE NOIA.
AS PERSOAS SELECCIONADAS DEBERÁN APORTAR NO PRAZO DE 15 DÍAS HÁBILES DENDE O DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN: PROCEDEMENTO CÓDIGO PE401B
.- CERTIFICADO DE ESTAR EMPADROADA NUN MUNICIPIO DO LITORAL DE GALICIA. (NON É NECESARIO SI SE AUTORIZA CONSULTA Á XUNTA NA SOLICITUDE).
.- CERTIFICADO DA S. SOCIAL DE NON SER PERCEPTORA DE PENSIÓNS DE XUBILACIÓN, GRANDE INVALIDEZ ETC (NON É NECESARIO SI SE AUTORIZA CONSULTA Á XUNTA NA SOLICITUDE).
.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE NON ESTAR INCAPACITADA PARA EXERCER OS LABORES DE MARISQUEO.
.- UNHA FOTOGRAFÍA TAMAÑO CARNÉ ACTUAL.
É OBRIGATORIO ESTAR EN POSESIÓN DO CERTIFICADO DE MARISCADOR E NON TER SANCIÓNS FIRMES EN VÍA ADMINISTRATIVA EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE RECURSOS MARIÑOS PENDENTES DE PAGAMENTO.
RECOMÉNDASE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN POR SEDE ELECTRÓNICA.
A CONFRARÍA.