Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

PUBLICIDADE CURSO PLP SECCIÓN MAQUINAS 3 MARZO 2025

Dase publicidade ao proxecto FORMANOIA 3 (2024-2025). EXPEDIENTE : PE610A-2024-00056.

ENTIDADE BENEFICIARIA: CONFRARÍA DE PESCADORES S. BARTOLOMÉ DE NOIA.

CURSO PATRÓN LOCAL DE PESCA (SECCIÓN MÁQUINAS). Data: do 3 de Marzo ao 3 de Abril de 2025. 

HORARIO: de 15:30 a 18:30 e de 19:00 a 21:00 horas.

 A CONFRARÍA

COFINANCIADO POLA UNION EUROPEA.FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DA ACUICULTURA (FEMPA).

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (CARTEL PE610 2024 00056.pdf)cartel curso PLP MAQUINAS[ ]507 kB

ORDE AXUDAS INVESTIMENTOS PESCA SOSTIBLE BUQUES

DAMOS PUBLICIDADE A ORDE DE AXUDAS PARA INVESTIMENTOS QUE FOMENTEN A PESCA SUSTENTABLE PARA PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS ANO 2025:
(Extracto da Orde da Consellería do Mar de 9 de xaneiro de 2025)
(A título indicativo e non exhaustivo)

OBXECTO:
-Realización de actuación por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos.

FINALIDADE: As axudas terán como finalidade a realización de investimentos:
-Que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
-Que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
-En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.
-Que aumenten o valor engadido, a calidade dos productos e a utilización de capturas non desexadas.

REQUISITOS PRINCIPAIS:
-Poderán ser beneficiarios os propietarios de buques pesqueiros con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e que non teñan resolución desfavorable de regularización.
-Estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.
-Ter a correspondente autorización ou solicitude de autorización para realizar os investimentos naqueles casos nos que sexa necesaria.
-Ter constituido seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
-Haber levado a cabo actividades pesqueiras no mar polo menos 60 días nos anos 2023 e 2024
-Durante os cinco anos seguintes ao pagamento non se pode:
-Cesar na actividade produtiva.
-Relocalizar a actividade produtiva fóra de Galicia.
-Cambiar a propiedade do buque.
-A suma das vendas do ano anterior debe ser superior ao 50% da media do
porto base e segmento da frota.


INVESTIMENTOS OBXECTO DA AXUDA:
-Mellora da seguridade a bordo do buque.
-Mellora das condicións de traballo.
-Mellora das condicións de hixiene.
-Substitución de motor (O buque debe constar no Rexistro Xeral da Flota Pesqueira como mínimo os 5 anos civís previos ao 2025 e a potencia do novo motor non supere a do motor existente se o buque ten unha eslora ata 12 metros e que pertenza a un sector en equilibrio coas posibilidades da pesca)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 10 de Febreiro de 2025. presentación obrigatoria por sede elecrónica.
Máis información:
-Orde da Consellería do Mar do 9 de xaneiro de 2025 (DOG Nº 5 DE 09/01/2025)
-Na Confraría

Adjuntos:
Descargar este archivo (ANUNCIO AXUDAS  INVESTIMENTOS.pdf)RESUMO ORDE AXUDAS[ ]224 kB

SEMBRA DE SEMENTE DE AMEIXA XAPÓNICA

ONTE VENRES 15 DE NOVEMBRO SEMENTARONSE NA ZONA DE PEDRAS 1.200.000 UNIDADES DE SEMENTE DE AMEIXA XAPÓNICA,  O LUGAR DA SEMENTE ESTÁ DELIMITADO POR BOIAS, POLO QUE ESTÁ PROHIBIDO TRABALLAR AHÍ, ASÍ COMO NA ZONA DELIMITADA NA MISELA NA QUE SE VOTA DIARIAMENTE O MOLUSCO QUE BOTAN AS MÁQUINAS CLASIFICADORAS QUE NON ACADA A TALLA MÍNIMA...

ESTA ACCIÓN FOI FINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DO MAR, DENTRO DAS ACCIONS PARA A REXENERACIÓN  QUE PERMITAN MELLORAR A PRODUTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS PE209H POR UN IMPORTE DE 15.000 EUROS.

A CONFRARÍA


INFORMACIÓN EPISODIO TOXINA PECHE DEFINITIVO

NO DÍA DE HOXE  VENRES 18 DE OUTUBRO O INTECMAR DECRETOU O PECHE POR  TOXINA DAS AUTORIZACIÓNS DE NOIA. (ONTE CAUTELAR). O LUNS ENVIARASE MOSTRA PARA ANÁLISE DO INTECMAR, (TEN QUE DAR DOUS NEGATIVOS SEPARADOS POR 48 HORAS) PARA A REAPERTURA.

INFORMARASE DO RESULTADO DA ANÁLISE PUNTUALMENTE. 

A CONFRARÍA

Adjuntos:
Descargar este archivo (RESOLUCIÓN PECHE NOIA INFAUNAIS.pdf)RESOLUCIÓN PECHE NOIA INFAUNAIS.pdf[PECHE DEFINITIVO NOIA]119 kB