DAMOS PUBLICIDADE: HOXE 27/05/2025, ABRIRÁ O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE AXUDAS PE406G, PE406H. (PARALIZACIÓN POLBO)
Axudas para a paralización temporal da actividade na pesquería do polbo das embarcacions afectadas (PE406 G e H)
Podrán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade pesqueira na pesquería do polbo con nasa e liña e cordel na sua variante, a rañeira, durante o mes de abril de 2025, sin perxuicio de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras ou tripulantes dunha embarcación afectada.
Prazo de presentación:
27/05/2025 00:00 - 26/06/2025 23:59
Requisitos básicos:
- Haber tido actividade nunha embarcación activa rexistrada en Galicia alomenos 120 días durante os anos 2023 e 2024 e que alomenos o 20% destrs días deberá ter sido de polbo na modalidade de artes menores con nasa ou liña a cordel na sua variante a rañeira.
- Estar ao corrente de pagos, libres de débeda pública e ao corrente do pago de sancións marítimo-pesqueiras.
- Non ter cometido infraccións graves.
Obrigas básicas:
- A paralización total de todalas actividades realizadas na embarcación.
- Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos/as traballadores/as do mar na embarcación afectada, no momento de sobrevir a paralización temporal.
- Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias frente á Seguridade Social e non ter pendente de pago ningunha outra débeda ca Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
A CONFRARÍA