Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

Concello de Outes

Outes é municipio galego que pertence á comarca de Noia, Galicia. O municipio está situado no suroeste da provincia de A Coruña e ocupa máis da metade da parte septentrional da ría de Muros e Noia formada polo río Tambre, o máis importante do municipio.

Según o INE, a 1 de Xaneiro de 2013, a sua población era de 7.010 habitantes, 3338 homes y 3672 mulleres. O municipio ten unha superficie de 99,74 km2, agrupa, según o INE, 153 localidades, distribuidas en 10 parroquias, excepto A Serra de Outes, a sua capital y localidade máis poblada, que non pertence a ningunha parroquia

Na economía de Outes ten grande importancia a pesca, o marisqueo e a industria, ademáis da agricultura e gandeiría. O sector pesqueiro concentrase maioritariamente nos portos de Freixo e San Cosme. Na producción industrial destacan os astilleros en O Freixo. Durante séculos, as actividades agropecuarias ocuparon a maior parte da población activa, no relacionado cá gandeiría, hoxe en desuso e agricultura.


Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia