Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

LICITACIÓN MEDIDA ESTUDIOS A TRAVÉS LABORATORIO

DAMOS PUBLICIDADE A LICITACIÓN DA MEDIDA DE "ESTUDIOS A TRAVÉS DO LABORATORIO" DA OPP95.

 OBXETIVO: CONTRIBUCIÓN AO ABASTECEMENTO DE ALIMENTOS E PROMOCIÓN DUNS NIVELES ELEVADOS DE CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIAS, PARTICIPANDO AO MESMO TEMPO NA CREACION DE EMPREGO NAS ZONAS COSTEITAS E RURAIS.

DEBERASE REALIZAR ANÁLISIS DE BIOTOXINAS  E MICROBIOLOXÍA  DAS DISTINTAS ZONAS DE PRODUCCIÓN NAS QUE TRABALLAN OS PRODUTORES DA OPP A FIN DE EMITIR ALERTAS TEMPRANAS, COMPLEMENTANDO AS FUNCIÓNS PROPIAS DO INTECMAR, PARA MINIMIZAR AS POSIBLES PÉRDAS ECONÓMICAS AOS SOCIOS PRODUTORES, A TAL FIN AS EMPRESAS INTERESADAS DEBERÁN REALIZAR ANÁLISIS DE BIOTOXINAS E MICROBIOLOXÍA CANDO A OPP95 ASÍ O SOLICITE, DURANTE A CAMPAÑA MARISQUEIRA NAS AUTORIZACIÓNS QUE OS SEUS ASOCIADOS/AS PARTICIPEN E TAMÉN CANDO FORA DA CAMPAÑA MARISQUEIRA ASÍ O SOLICITE A OPP95.

AS ANÁLISIS DE BIOTOXINAS PODERÁN FACERSE PREVIA SOLICITUDE  ALOMENOS OS DOMINGOS E FESTIVOS ENTRE SEMANA NA CAMPAÑA MARISQUEIRA, E TÓDOLOS DÍAS DA SEMANA HÁBILES CANDO SE DETECTE PHYTOPLANCTON QUE PODA DERIVAR EN PROCESOS TÓXICOS.

E ALOMENOS 1 ANÁLISE SEMANAL CANDO NON SE DETECTE ESTE NO MEDIO MARIÑO.


ALEGACIÓNS COFRADIA NOIA 2º BORRADOR AXUDAS PARALIZACIÓN TEMPORAL (PENDENTE PUBLICACIÓN)

ANTE A PUBLICACIÓN A TRAVÉS DA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DO 2º BORRADOR DE AXUDAS A PERSOAS MARISCADORAS A PÉ E A FLOTE COFINANCIADOS CO FONDO FEMPA 2021-2027, NO QUE SE PREVÉ UNA DURACIÓN DA AXUDA DE MÁXIMO DE TRES MESES ENTRE O 1 DE OUTUBRO DO 2023 E O 30 DE ABRIL DE 2024.

OS BANCOS MARISQUEIROS DE AUTORIZACIÓNS DA CONFRARÍA DE NOIA ESTÁN PECHADOS DENDE O 2 DE NOVEMBRO ATA O 30 DE ABRIL INCLUIDO. ESTA MEDIDA DEIXARÍA AOS POSIBLES SOLICITANTES INXUSTAMENTE DESAMPARADOS AO SÓ PREVER 3 MESES DE AXUDAS COMO MÁXIMO, CANDO A NORMATIVA EUROPEA PERMITE ATA 12 MESES DURANTE O PERÍODO 2021-2027.

ESTANDO NO ANO 2024 ENTENDEMOS QUE A DURACIÓN DA AXUDA DEBERA SER DE SEIS MESES. (RECORDADE QUE ESTAS AXUDAS SON INCOMPATIBLES CAS PERCIBIDAS POLO MESMO MOTIVO DO ISM).

 ADXUNTASE COPIA DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS..

A CONFRARÍA DE NOIA

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (ALEGACIONS BORRADORES AXUDAS.pdf)ALEGACIONS BORRADOR AXUDAS[ ]358 kB

Noia

A orixe de Noia remóntase ás culturas prehistóricas. Poboada na época megalítica e castrexa, amosa vestixios dun pasado romano e foi durante a Idade Media cando se converteu nunha das principais cidades de Galicia ao descubrirse en Santiago o Sartego do Apóstolo.

Convertida no porto de Compostela, a vila coñecerá un gran desenvolvemento das súas actividades comerciais. A poboación orixinal, que vivía no burgo da Barquiña, integrarase baixo a xurisdición do Señorío da Terra de Santiago cando a raíña Doña Urraca lle concede á Mitra Compostelá as terras comprendidas entre o Tambre e o Ulla.

 

Pola Carta Póboa do ano 1168, outorgada por Fernando II, créase o actual burgo, que será escenario das loitas medievais que teñen como protagonistas ós prelados de Santiago e aos nobres que rivalizaban no control da vila medieval. Será nesta época cando se constrúan a igrexa de Santa María a Nova e San Martiño, as Casas Góticas dos Señores da vila e o Castelo ou Fortaleza do Tapal onde residían os arcebispos de Santiago durante o verán.

 

Un dos arcebispos residentes en Noia foi o francés Berenguel de Landoira que, a principios do século XIV, buscou refuxio na vila ante  a negativa dos burgueses de Santiago a abrirlle as portas da cidade. Como recompensa a esa axuda mandou construír a igrexa de Santa María a Nova e a muralla con doce portas que a protexía dos ataques, como o ordenado polo Duque de Lancaster (s.XIV) cando intentaba apoderarse de Galicia para acceder ó trono de Castela.

 

A vila tamén foi escenario da Revolta Irmandiña, a loita do pobo contra os abusos da nobreza laica e eclesiástica. Asaltaron a Fortaleza do Tapal, convertida en sinal de identidade da poderosa Mitra que ata o ano 1812 (Constitución de Cádiz) era o auténtico dono da vila, á que sometera a numerosas presións económicas.

A Idade Moderna será a época da presenza do pirata Francis Drake na ría, como resposta á expedición da Armada Invencible, e a chegada dos industriais cataláns ás nosas costas. Varios personaxes vencellados á vila terán un acusado protagonismo: Lorenzo de Armada e Xoán de Noia (navegantes nas Indias), Sebastián Docampo (que foi o primeiro en demostrar que Cuba é unha illa), o escultor Felipe de Castro (Presidente da Real Academia de San Fernando) e Basilio Vilariño (explorador da Patagonia).

A Idade Contemporánea será a da ocupación da vila polo exército francés, a revolta contra os industriais cataláns, o protagonismo do escultor Xosé Ferreiro e o apoio da vila á Revolta Galega de 1846. Nun curto percorrido pola vila pode apreciarse como se conservan nas súas rúas a identidade doutros importantes personaxes vencellados a ela nas diferentes épocas históricas.

Cofradía de Pescadores S. Bartolomé

La Cofradía de Pescadores S. Bartolomé de Noia es una corporación de derecho público, sin ánimo de lucro, con entidad jurídica propia, que tiene como ámbito territorial los ayuntamientos de Noia y Outes, ayuntamientos en los que el marisqueo supone la principal actividad empresarial.

Son 1355 personas entre armadores, tripulantes y mariscadores/as de a pie los que voluntariamente están asociados a la entidad, además de otras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a trabajar con los bancos naturales de Noia.

La Cofradía comercializa únicamente moluscos bivalvos, siendo el berberecho la especie más importante, también se comercializan almeja babosa, almeja fina, almeja japónica y ostra. Según el portal web de la Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

La actividad extractiva en las autorizaciones de la Entidad, se realiza habitualmente entre los meses de Octubre a Marzo.

 

La Cofradía de Noia es la única en Galicia que cuenta con un criadero propio, por lo que la trazabilidad del producto es una garantía; no se siembra nada que no proceda del propio criadero. En los meses de campaña marisquera, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para cualquier persona o empresa que deseé comprar productos de la lonja depurados en la depuradora de la lonja de Testal.

Vista aérea vila de Noia