Cofradía de pescadores de Noia

AVISO MEDIDAS URXENTES

 O cabido da Confraría de Noia aprobou por unanimidade medidas ante a baixada de prezos no berberecho, motivada pola ausencia das conserveiras que aínda non compran.

O produto vai para o mercado de fresco e 20 toneladas/día é moito polo que se acordan as seguintes medidas:

Marisqueo a flote: horario de 11:00 a 12:00 horas.

topes: Berberecho 8 kg trip/enrolado 1º, 2º e 3º trip; Ameixa japónica 5 kg 1º e 2º trip 3 kg o 3º, Ameixa fina 5kg 1º e 2º trip 3 kg o 3º, ameixa babosa 3 kg todolos tripulantes.

Marisqueo a pé: horario luns 4 de Outubro traballar de 08:15 a 10:15, podese baixar 15 minutos antes.

topes: Berberecho 5 kg, Ameixa japónica 5 kg, Ameixa fina 5 kg e ameixa babosa 3 kg.

Zona de traballo: o que estaba aberto agora pecharase  incluidas as zonas de terra, abre das boias para arriba.

En canto se volva a abrir a zona agora pechada  será con mareas vivas.

A Confraría


APERTURA CAMPAÑA MARISQUEIRA 2021-22

O CABIDO DA ENTIDADE  REUNIDO EN SESIÓN ORDINARIA ACORDOU POR MAIORÍA, A APERTURA DA CAMPAÑA MARISQUEIRA 2021/22, O VINDEIRO LUNS 20  DE SETEMBRO, (SEMPRE E CANDO A TOXINA O PERMITA, ASÍ COMO O RESULTADO DAS MOSTRAS REMITIDAS ÁS CONSERVEIRAS ASÍ O ACONSELLEN)...

ADXÚNTANSE AS NORMAS DA CAMPAÑA DE OBRIGADO CUMPRIMENTO...

NOTA: SERÁN DE APLICACIÓN AS NORMAS COVID-19 DE  GARDAR DISTANCIA, USO DE XELES HIDROALCOHÓLICOS, MÁSCARILLA NA LONXA E NAS COLAS, MEDIRASE A TEMPERATURA...

OS CABIDOS/AS QUE PARTICIPEN EN TRABALLOS NA CLASIFICACIÓN NON DEBERÁN AGARDAR COLA, PARA MELLOR DESENROLO DA CAMPAÑA MARISQUEIRA..

A CONFRARÍA.

Attachments:
Download this file (NORMAS CAMPAÑA 2021.pdf)NORMAS CAMPAÑA[ ]253 kB

AVISO AMPLIACIÓN PRAZO RENOVACIÓN CARNETS

ANTE A GRAN CANTIDADE DE PERSOAS QUE A DÍA DE HOXE, 30 DE XULLO,  FIN DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE CARNETS DE SOCIO/A DA CONFRARÍA QUE NON O RENOVARON, O CABIDO ACORDOU AMPLIAR O PRAZO UNHA SEMANA MÁIS, POLO QUE SE PODERÁ REALIZAR SIN RECARGO DENDE O 2 AO 6 DE AGOSTO...

RÓGASE DIFUSIÓN...

RECÓRDASE QUE DENDE O 2 AO 31 DE AGOSTO ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR CARNETS NOVOS... (O IMPRESO PODE DESCARGARSE DESTA WEB).

A CONFRARÍA


PRESENTACION APLICACION TERMINAIS TICPESC

DAMOS PUBLICIDADE Á PRESENTACIÓN DA APLICACIÓN MOVTIC 

É UNHA FERRAMENTA DA CONSELLERÍA DO MAR PARA O SECTOR PESQUEIRO QUE PERMITE FACELO DOCUMENTO DE ALTERNANCIA DE ARTES DENDE O MÓVIL.

É NECESARIO ACREDITAR A PERSONALIDADE A TRAVÉS DE CHAVE 365.  ( PODE SOLICITARSE PRESENCIALMENTE NAS OFICINAS AGRARIAS COMARCAIS, CENTRO DE SAÚDE... OU POR SEDE ELECTRÓNICA)

A CONFRARÍA

 

Attachments:
Download this file (instruccions.pdf)INSTRUCCIÓNS E INFORMACION[ ]127 kB


Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector