Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

INFORMACION EPISODIO TOXINA 5 NOVEMBRO

O RESULTADO DAS ANALISES DE TOXINAS DO INTECMAR DA MOSTRA RECOLLIDA O MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO, MANTENSE NO INTERVALO 75-120, NO LABORATORIO DA CONFRARÍA DOU PARA O BERBERECHO 104, E PARA A AMEIXA 130.

MAÑÁN VENRES LEVARASE OUTRA MOSTRA AO INTECMAR E AO LABORATORIO DA CONFRARÍA, E PUBLICARÁN O RESULTADO O SÁBADO. DENDE O INTECMAR INFORMAN QUE DEBIDO AOS VENTOS DO SUR, SI O RESULTADO SE MANTÉN FARÍAN UN PECHE CAUTELAR, E LEVARÍAN MOSTRA DE NOVO O LUNS, A CONFRARÍA ANALIZARÁ TAMÉN O DOMINGO POLA TARDE.

INFORMARASE PUNTUALMENTE.

A CONFRARÍA DE NOIA

Attachments:
Download this file (RESULTADOS 5 NOVEMBRO TOXINA.png)RESULTADO TOXINA 5 NOVEMBRO[ ]49 kB

INFORMACION 4 NOVEMBRO TOXINA

ANTE OS RESULTADOS DE HOXE 4 NOVEMBRO DAS ANALISIS DE TOXINA DO INTECMAR DE TOXINA LIPOFILICA CON INDICES ENTRE 75-120 NA ZONA II DE MOSTRA DO LUNS. CON ESTE RESULTADO AS CONSERVEIRAS NON COMPRAN.

O INTECMAR REPETIRÁ ANÁLISE O MÉRCORES E DARÁ O RESULTADO O XOVES.

HOXE PECHARON OS POLÍGONOS DE BATEAS QUE QUEDABAN ABERTO, NA CREBA-ESTEIRO DA 160-300, ESPERÁNDOSE VENDABAL DO SUR PARA AS PRÓXIMAS HORAS. 

ANTE ESTO O CABIDO ACORDOU NON IR MERCORES E XOVES E ESPERAR OS RESULTADOS DO INTECMAR.

EN FUNCIÓN DOS RESULTADOS O VENRES ENVIARIASE OUTRA MOSTRA AO INTECMAR E NO LABORATORIO DA CONFRARÍA FARÍANSE ANALISES INCLUIDO O DOMINGO. 

INFORMARASE PUNTUALMENTE.

ABRESE PRAZO RENOVACION CARNES NOIA 2025 E NOVAS SOLICITUDES

DENDE O 1 DE AGOSTO AO 15 DE SETEMBRO INCLUIDOS PODERÁN RENOVAR OS CARNÉS DE SOCIO/A, FACER SOLICITUDES NOVAS OU PASES ( PARA SOCIOS/AS DE DOUTRAS CONFRARÍAS) PARA A CAMPAÑA 2025/26.

MANTENSE O PREZO EN 35 € POR CADA TRIPULANTE DE EMBARCACIÓN E 20 € PARA MARISQUEO A PE.

A CONFRARÍA

AVISO URXENTE PECHE CAUTELAR CAMPAÑA

Hoxe luns 3 de Novembro, fixeronse analisis no laboratorio da cofradia e no Intecmar, no da cofradia dou 158 e o intecmar esperase que de o resultado  mañan, pola tarde foise a por mais mostras e no berberecho dou 131 e na ameixa 145 en toxina lipofílica, ante esto o cabido acordou non ir traballar o martes 4 de novembro e esperar o resultado da mostra que está a analizar o Intecmar.

A Confraría de Noia

INSTRUCCIÓNS AVIVEIRAMENTO

INFORMASE DA OBRIGATORIEDADE DE QUE AQUELAS EMBARCACIÓNS QUE TEÑAN ACTIVIDADE PARA A NÉCORA, CAMARÓN, CENTOLA, BOI, LUMBRIGANTE, LAGOSTA, SANTIAGUIÑO E ANGUÍA E QUE REALICEN "AVIVEIRAMENTO" (DOCUMENTO DE RECOLLIDA) A PARTIR DE HOXE MERCORES 23 DE XULLO, DEBERÁN DE RELIZAR ESTA EXCLUSIVAMENTE MEDIANTE A APLICACIÓN MOVTIC (MÓVIL). ADXÚNTANSE AS INSTRUCCIÓNS SOBRE A APLICACIÓN MOVTIC. 

Attachments:
Download this file (INSTRUCCIONS AVIVEIRAMENTO.pdf)INSTRUCCIÓNS AVIVEIRAMENTO[ ]583 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia