Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

PECHE FORZA MAIOR DENDE 16 FEBREIRO

PUBLICASE Resolucion da Dirección Territorial da Consellería do Mar na Coruña pola que se adoptan medidas de adaptación no Plan de xestión de moluscos bivalvos a pé e dende embarcación en zonas de autorización da Confraría de pescadores de Noia.

Causa de forza maior dende 16 Febreiro de 2026.

xa se pode solicitar a prestación ao ISM. adxunto publicase requisitos para a pe e a flote.

INFORMACIÓN DEPÓSITO ROL EMBARCACIÓN: o Rol xa non se pode depositar nas Capitanías, hai que facer por sede electrónica unha notificación de peche por causa forza maior 16 de febreiro según foto que se adxunta

A Confraría


INFORMACION CESE ACTIVIDADE

ESTANDO Á ESPERA DA RESOLUCIÓN DE CESE DE ACTIVIDADE POR CAUSA DE FORZA MAIOR POR PARTE DA CONSELLERÍA DO MAR, ADIANTAMOS DOCUMENTOS A PRESENTAR ANTE O ISM PARA TRAMITAR A PRESTACIÓN.

OBRIGATORIO PRESENTAR POR SEDE ELECTRÓNICA. PODE PRESENTARSE EN CANTO SE PUBLIQUE O PECHE.

INFORMARASE E PUBLICARASE O PECHE EN CANTO O ENVÍEN.

A CONFRARÍA DE NOIA

Attachments:
Download this file (cese a flote.pdf)cese a flote.pdf[DOCUMENTACION CESE A FLOTE]43 kB
Download this file (cese a pe.pdf)DOCUMENTACION CESE A PE[ ]33 kB

LISTA PROVISIONAL CONCURSO SOLÉNIDOS NOIA

DAMOS PUBLICIDADE Á RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE PUBLICA  A LISTA PROVISIONAL DE PUNTACIÓNS DAS EMBARCACIÓNS ADMITIDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA ACCEDER Á MODALIDADE DE SOLÉNIDOS NO PERMISO DE EXPLOTACIÓN DE EMBARCACIÓN MODALIDDE MERGULLO EM APNEA E CON SUBMINISTRO DE AIRE DENDE SUPERFICIE AO ABEIRO DO PLAN DE XETIÓN DE SOLÉNIDOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS: 15 DIAS HABILES DENDE O DIA SEGUINTE A PUBLICACIÓN (PUBLICADO 13/03/2026)  DO 16 MARZO AO 7 ABRIL.

A CONFRARÍA DE NOIA

Attachments:
Download this file (PE401L_LISTA PROVISIONAL SOL_NOIA REV.pdf)RESOLUCION SOLENIDOS PROVISIONAL NOIA[ ]221 kB

PECHE PLAN MARISQUEO NOIA MORTANDADE

TRALOS ÚLTIMAS MOSTRAXES REALIZADAS EN DISTINTAS ZONAS NO DIA DE ONTE, O CABIDO ACORDOU POR MAIORÍA NON REANUDAR A ACTIVIDADE MARISQUEIRA DA CAMPAÑA 2025-2026, AO DETECTARSE MORTANDADES NO BERBERECHO SUPERIORES AO 80%, NA AMEIXA BABOSA MÁIS DO 90% E NA AMEIXA XAPÓNICA SOBRE UN 40%.

SOLICITARASE DA CONSELLERÍA DO MAR O PECHE POR CAUSA DE FORZA MAIOR A FIN DE PODER SOLICITAR PRESTACIÓNS AO ISM OU OUTRAS AXUDAS DA CONSELLERÍA DO MAR.

INFORMARASE DOS REQUISITOS A CUMPRIR PARA TER ACCESO ÁS PRESTACIÓNS QUE DEBERÁN SER SOLICITADAS DENDE A ASESORÍA DE CADA MARISCADOR/A.

A CONFRARÍA DE NOIA

INFORMACION LONG LINES MEXILÓN A CREBA

Ante a instalación de colectores de mesilla de mexilón “long-line”, no polígono de bateas na Creba (Noia A) a Confraría de Pescadores de Noia INFORMA:

Que tras ter coñecemento da concesión de duas cuadrículas para a instalación destes colectores reuníronse os catro patróns da Ría, acordándose solicitar unha reunión á Conselleira do Mar para trasladarlle o malestar do sector.

A reunión realizouse o pasado 24 de Febreiro, na que se puxo de manifesto a oposición frontal desta Confraría á instalación dos colectores no polígono da Creba, ao ser unha zona de interés para o marisqueo, pesca e navalla.

A instalación concedida estará dentro da zona delimitada como polígono de bateas Noia A que aínda sendo supostamente legal, non compartimos debido á gran tamaño destas plataformas entre outros posibles inconvintes.

Esta Confraría xunto cas de Portosín, Porto do Son e Muros xa protestou e manifestou  a súa oposición a este tipo de instalacións que estaban proxectadas para outras rías e acabaron instalando na Ría de Muros-Noia.

Dende esta Confraría anunciamos que revisaremos a legalidade destes proxectos que poñen en perigo a subsistencia do sector.

 A Confraría de NOiA

INFORMACION VENRES 12 DECEMBRO

O CABIDO ACORDOU TRAS CONSULTAR AOS COMPRADORES IR ESTE VENRES 12 DE DECEMBRO COS SEGUINTES TOPES:

A FLOTE: 1º E 2º TRIPULANTE, 2 KG BERBERECHO, 3º TRIPULANTE 1 KG BERBERECHO,  5 KG A. XAPÓNICA, 3 KG A. BABOSA, 2 KG A. FINA POR TRIPULANTE ENROLADO E A BORDO.

A PE: 1 KG BERBERECHO, 5 KG A. XAPÓNICA, 3 KG A. BABOSA, 2 KG A. FINA  POR PERSOA.

HORARIO A FLOTE: 09:00 A 12:00 HORAS.

 A CONFRARÍA DE NOIA

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia