Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

INFORMACIÓN EPISODIO TOXINA XOVES 17 OUTUBRO

O PASADO XOVES 17 DE OUTUBRO Á NOITE, O INTECMAR AVISANOS DE QUE AS ANALÍTICAS DO BERBERECHO DERAN POSITIVO EN TOXINA LIPOFÍLICA (DSP), CO QUE HABÍA QUE TOMAR A DECISIÓN DE SEMENTALO OU DESTRUILO, XA QUE NON ERA APTO PARA O CONSUMO, O CABIDO OPTOU POR DESTRUILO, XA QUE AO ESTAR TODA A NOITE NAS DEPURADORAS PODRÍA MEZCLARSE CON MARISCO PROCEDENTE DE ZONAS CONTAMINADAS CON MARTEILIA (PARÁSITO QUE CONTAMINA AO BERBERECHO PRINCIPALMENTE). O CABIDO DECIDIU PAGAR AOS SOCIOS/AS TODO O MARISCO CAPTURADO, O QUE SUPÓN ASUMIR UNHAS PERDAS DE 65.000 €uros. NINGUNHA CONFRARÍA PAGA O MARISCO EN EPISODIOS DE TOXINA, SÓ A NOSA, PESE A LEVAR CASI 2 ANOS SIN INGRESOS, SÓ GASTOS. O CABIDO TAMEN ACORDOU REALIZAR ANÁLISIS NO NOSO LABORATORIO, DE MADRUGADA, A FIN DE TER RESULTADOS ANTES DE IR A TRABALLAR, PARA TOMAR A DECISIÓN DE NON IR E NON TER QUE DEVOLVER OU DESTRUIR O PRODUTO.

ONTE MÉRCORES ENVIOUSE MOSTRA AO INTECMAR, ESTANDO Á ESPERA DOS RESULTADOS, INFORMARASE PUNTUALMENTE.

A CONFRARÍA


Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia