Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

ALEGACIÓNS COFRADIA NOIA 2º BORRADOR AXUDAS PARALIZACIÓN TEMPORAL (PENDENTE PUBLICACIÓN)

ANTE A PUBLICACIÓN A TRAVÉS DA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DO 2º BORRADOR DE AXUDAS A PERSOAS MARISCADORAS A PÉ E A FLOTE COFINANCIADOS CO FONDO FEMPA 2021-2027, NO QUE SE PREVÉ UNA DURACIÓN DA AXUDA DE MÁXIMO DE TRES MESES ENTRE O 1 DE OUTUBRO DO 2023 E O 30 DE ABRIL DE 2024.

OS BANCOS MARISQUEIROS DE AUTORIZACIÓNS DA CONFRARÍA DE NOIA ESTÁN PECHADOS DENDE O 2 DE NOVEMBRO ATA O 30 DE ABRIL INCLUIDO. ESTA MEDIDA DEIXARÍA AOS POSIBLES SOLICITANTES INXUSTAMENTE DESAMPARADOS AO SÓ PREVER 3 MESES DE AXUDAS COMO MÁXIMO, CANDO A NORMATIVA EUROPEA PERMITE ATA 12 MESES DURANTE O PERÍODO 2021-2027.

ESTANDO NO ANO 2024 ENTENDEMOS QUE A DURACIÓN DA AXUDA DEBERA SER DE SEIS MESES. (RECORDADE QUE ESTAS AXUDAS SON INCOMPATIBLES CAS PERCIBIDAS POLO MESMO MOTIVO DO ISM).

 ADXUNTASE COPIA DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS..

A CONFRARÍA DE NOIA

 

Attachments:
Download this file (ALEGACIONS BORRADORES AXUDAS.pdf)ALEGACIONS BORRADOR AXUDAS[ ]358 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia