Cofradía de pescadores de Noia

INFORMACIÓN ALEGACIÓNS MINAS S. FINX

O CABIDO DA CONFRARÍA ACORDOU POR UNANIMIDADE PRESENTAR ALEGACIÓNS EN NOME DE TODOS OS ASOCIADOS/ AS A AUTORIZACIÓN DE VERTIDOS E POSTERIOR EXPLOTACION DAS MINAS DE S. FINX, OS INFORMES ENCARGADOS POLA CONFRARÍA POÑEN DE MANIFESTO QUE SE VERTIRÁN METAIS PESADOS Á RÍA DE MUROS-NOIA. AQUELA PERSOA QUE NON ESTÉ INTERESADA EN QUE A CONFRARÍA A PRESENTE NO SEU NOME DEBE DE AVISAR ANTES DO 30  DE NOVEMBRO.

 

A CONFRARÍA

Attachments:
Download this file (MINAS S FINX.pdf)ESCRITO MINAS S. FINX[ ]374 kB

MEMORIA VI XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA 2021

No mes de Outubro realizaronse distintos eventos gastronómicos no marco das VI Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, o 3 de Outubro degustación de Berberecho de Noia con arroz, o 28 de Outubro, Javier Ollleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau, 2 estrelas Michelín en O Grove, visitou os nosos bancos marisqueiros, lonxa e depuradora, e posteriormente realizou un showcooking ás 17:30 no Liceo de Noia, o 31 de Outubro, en O Freixo (Outes), o cociñeiro Miguel Mosteiro elaborou 3 deliciosos pratos con BERBERECHO DE NOIA.

publicamos o enlace de video dos distintos eventos...

A confraría 

VI XORNADAS EXALTACION BERBERECHO DE NOIA 2021

 No marco das VI XORNADAS DE EXALTACIÓN DO BERBERECHO DE NOIA 2021, realizaranse distintos eventos gastronómicos no mes de Outubro:

3 de Outubro no Festival VilaBluesFest, o cociñeiro MIGUEL MOSTEIRO realizará unha degustación de 500 racións de arroz con Berberecho de Noia.

28 de Outubro visitará os nosos areais e a lonxa de Testal o cociñeiro JAVIER OLLEROS (Restaurante Culler de Pau,2 Estrelas Michelín), e fará un showcooking no Liceo de NOia ás 17:30 horas.

31 de Outubro nas Xornadas MAres do Fin do Mundo, Miguel Mosteiro ás 13:00 horas elaborará 3 pratos con BERBERECHO DE NOIA, en o Freixo (Outes).

A Confraría

RENOVACION PERMEX A PE 2022 PARA NOVAS INCORPORACIONS 2021

DAMOS PUBLICIDADE Á RESOLUCION DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR POLA UQE SE ESTABLECE O CALENDARIO PARA A RENOVACIÓN DOS NOVOS PERMISOS DE EXPLOTACIÓN DE MARISQUEO A PÉ PARA O ANO 2022, CONCEDIDOS NO ANO 2021.

DATAS: DO 17 AO 30 DE NOVEMBRO.

DOCUMENTACIÓN :

SOLICITUDE (Modelo PE401B).

Xustificante abono taxas.

informe de vida laboral e certificado da S. Social de non ser perceptor de pensións non será necesario en caso de dar consentimento expreso á súa consulta na solicitude (recomendado).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica.

A confraría

Attachments:
Download this file (TAXAS RENOVACION PERMEX A PÉ.pdf)TAXAS RENOVACION A PÉ[ ]9 kB

APERTURA CAMPAÑA MARISQUEIRA 2021-22

O CABIDO DA ENTIDADE  REUNIDO EN SESIÓN ORDINARIA ACORDOU POR MAIORÍA, A APERTURA DA CAMPAÑA MARISQUEIRA 2021/22, O VINDEIRO LUNS 20  DE SETEMBRO, (SEMPRE E CANDO A TOXINA O PERMITA, ASÍ COMO O RESULTADO DAS MOSTRAS REMITIDAS ÁS CONSERVEIRAS ASÍ O ACONSELLEN)...

ADXÚNTANSE AS NORMAS DA CAMPAÑA DE OBRIGADO CUMPRIMENTO...

NOTA: SERÁN DE APLICACIÓN AS NORMAS COVID-19 DE  GARDAR DISTANCIA, USO DE XELES HIDROALCOHÓLICOS, MÁSCARILLA NA LONXA E NAS COLAS, MEDIRASE A TEMPERATURA...

OS CABIDOS/AS QUE PARTICIPEN EN TRABALLOS NA CLASIFICACIÓN NON DEBERÁN AGARDAR COLA, PARA MELLOR DESENROLO DA CAMPAÑA MARISQUEIRA..

A CONFRARÍA.

Attachments:
Download this file (NORMAS CAMPAÑA 2021.pdf)NORMAS CAMPAÑA[ ]253 kB

EMBARCACIONS AUXILIARES

AVISO IMPORTANTE AOS ARMADORES DE EMBARCACIÓNS QUE QUEIRAN REGULARIZAR UNHA EMBARCACIÓN AUXILIAR.

DEBEN COMUNICAR NA CONFRARÍA QUE ESTÁN INTERESADOS EN FORMAR PARTE DO LISTADO QUE SE REMITIRÁ ÁS AUTORIDADES COMPETENTES PARA INICIAR O PROCESO.

TODALAS EMBARCACIÓNS DE MADEIRA E MOTOR INTRABORDA PODEN SOLICITALO, INDEPENDIENTEMENTO DA ESLORA QUE TEÑA. REQUISITO É TER PERMEX DE MARISQUEO.

AS EMBARCACIÓNS DE FIBRA E MÁIS DE 6,5 MTS DE ESLORA, QUILLA, E CUBERTA CORRIDA TAMÉN PODEN SOLICITALO. 

POSTERIORMENTE SERÁN INSPECCIONADOS POLA DIRECCION XERAL DA MARIÑA MERCANTE (DGMM),PARA COMPROBAR O CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS.

NOTA: ANTES DE REMITIR DENDE A CONFRARÍA Á FEDERACIÓN A LISTA DEFINITIVA PUBLICARASE PARA QUE OS INTERESADOS POIDAN COMPROBAR QUE ESTÁN NELA, XA QUE UNHA VEZ FEITA A DGMM NON PERMITE ENGADIR EMBARCACIÓNS.

A CONFRARÍA.

AVISO AMPLIACIÓN PRAZO RENOVACIÓN CARNETS

ANTE A GRAN CANTIDADE DE PERSOAS QUE A DÍA DE HOXE, 30 DE XULLO,  FIN DO PRAZO DE RENOVACIÓN DE CARNETS DE SOCIO/A DA CONFRARÍA QUE NON O RENOVARON, O CABIDO ACORDOU AMPLIAR O PRAZO UNHA SEMANA MÁIS, POLO QUE SE PODERÁ REALIZAR SIN RECARGO DENDE O 2 AO 6 DE AGOSTO...

RÓGASE DIFUSIÓN...

RECÓRDASE QUE DENDE O 2 AO 31 DE AGOSTO ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR CARNETS NOVOS... (O IMPRESO PODE DESCARGARSE DESTA WEB).

A CONFRARÍA

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia