Cofradía de pescadores de Noia

INFORMACION EXAMES LIBRES TITULACIÓNS

DAMOS PUBLICIDADE  Á RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO DA CONSELLERÍA DO MAR, POLA QUE SE CONVOCAN EXAMES ORDINARIOS TEÓRICO-PRÁCTICOS DE CARÁCTER LIBRE PARA AS TITULACIÓNS DE MARIÑEIRO/A PESCADOR/A, PATRÓN/PATROA LOCAL DE PESCA E PATRÓN/PATROA COSTEIRO/A POLIVALENTE NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2020(CÓDIGO DE PROCEDEMENTO PE607C).

ADXÚNTASE A RESOLUCIÓN NA QUE SE DETALLA A DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA OS INTERESADOS/AS, TAMÉN SE PULBICAN OS TLF DAS ESCOLAR NÁUTICAS E INSTITUTOS MARÍTIMO-PESQUEIROS DONDE SE REALIZARÁN... A ESCOLA MÁIS CERCANA E A DE RIBEIRA, TLF.: 881 866 317..

A CONFRARÍA.... 

Attachments:
Download this file (resolucion-probas-libres-profesionais-2021 (003).pdf)RESOLUCIÓN EXAMES LIBRES[ ]281 kB

IMPRESO SOLICITUDE CURSOS

ADXUNTO POÑEMOS Á SÚA DISPOSICIÓN O IMPRESO A CUMPRIMENTAR PARA A SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA EN CURSOS A IMPARTIR NA CONFRARÍA. A PREVISIÓN É IMPARTIR AO LONGO DO ANO 2016 FORMACIÓN BÁSICA E MARIÑEIRO PESCADOR. ASIMESMO IMPARTIRANSE A TRAVÉS DO I.S.M LOCAL CURSOS DE ACTUALIZACIÓN DE FORMACIÓN SANITARIA O PRAZO PARA ANOTARSE A ESTE CURSO REMATA O 31 DE MARZO.

Attachments:
Download this file (SOLICITUDE CURSO.doc)SOLICITUDE[ ]126 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia