Cofradía de pescadores de Noia

INFORMACIÓN TOXINA 2 DE DECEMBRO

Os resultados do INTECMAR publicaranos mañán xoves dia 3 pola mañán, no laboratorio privado dou subida, ata 130 con respeto ao luns... si o INTECMAR mañan levanta o peche, o venres dia 4 irase cos seguintes topes:

a flote: 10 kg de berberecho tripulante enrolado e a bordo, 10 kg ameixa xapónica 1º e 2º tripulante, 3º e 4º 7 kg.

a pé: 6 kg de berberecho, e 10 kg ameixa xapónica.

o resto das especies manteñen os topes.

A Confraría

 


INFORMACIÓN ACORDOS X. XERAL NOIA

A Xunta Xeral da Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia, acordou por unanimidade dos presentes, tralo peche por toxina lipofílica decretado polo INTECMAR, das zonas de producción, que excepcionalmente e debido á situación derivada da escasez de moluscos, baixada de prezos derivados da pandemia do COVID-19 que está a afectar especialmente á sector da hostelería, imposibilidade de traballar por aparición de distintas toxinas...  esta Confraría asumirá as devolucións dos moluscos que compraron conserveiras e depuradoras o pasado xoves, e que a Confraría non cobrará pero si pagará aos mariscadores/mariscadoras a totalidade das capturas do día.

A Xunta Xeral, tomou a decisión, como outras veces, de non recoller o marisco ao non ter a certeza de que o que se devolve non veña infectado con patoloxías que hai en outras rias e que poderían provocar a mortandade dos nosos moluscos.

Esperando que a toxina remita o antes posible, darase puntual información dos resultados das análises que  se remitirán o luns ao INTECMAR....

Asimesmo acordouse autorizar o uso do rastro de ameixa dende o 14 de Decembro, modificando os topes de ameixa babosa que pasan a 5 kg todolos tripulantes e 5kg mariscador/a de a pé.

en Decembro irase os venres con tope berberecho: A flote 10 kg para todolos tripulantes.. A pé 6 kg persoa. (estes topes son só para os venres).

as demáis especies quedan como están...

Os topes e horarios poderanse modificar en función da demanda e dos prezos, informandose puntualmente.

A Confraría.


Marísqueo Ría Muros-Noia Patrimonio Cultural Inmaterial

manual buenas practicas pesca recreativa

manual buenas practicas pesca recreativa

proyecto noia muros a pe

banner naturanoia