Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

LISTA DEFINITIVA MUROS ESTEIRO 2022

ADXUNTO PUBLÍCANSE LISTAS DEFINITIVAS PARA A SÚA REMISIÓN Á CONSELLLERÍA DO MAR E CONFRARÍA DE MUROS, TRALO SORTEO DAS PRAZAS PARA ACUDIR A MUROS E ESTEIRO, E A ESTEIRO SÓ.

NOTA: HOUBO DÚAS RENUNCIAS NA OPCIÓN MUROS-ESTEIRO, POLO QUE ÁS DÚAS PERSOAS QUE ESTABAN EN PRIMEIRO E SEGUNDO LUGAR DA LISTA DE SUPLENTES CUBRIRON ESAS PRAZAS.

A CONFRARÍA

 


RESOLUCION COBERTURA VACANTES MARISQUEO A PÉ NOIA

DAMOS PUBLICIDADE Á RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR PARA A COBERTURA DE VACANTES NO MARISQUEO A PÉ NAS AUTORIZACIÓNS DA CONFRARÍA DE NOIA.

DEBERÁN PRESENTAR POR SEDE ELECTRÓNICA O IMPRESO PE401B, AUTORIZANDO A CONSULTA DE DATOS QUE CORRESPONDA (VIDA LABORAL, EMPADROAMENTO, DNI, ETC)

E ACOMPAÑALO DE FOTOGRAFÍA TAMAÑO CARNÉ E INFORME DE SAÚDE. NO PRAZO DE 15 DÍAS DENDE A PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN.

A CONFRARÍA

Attachments:
Download this file (RESOLUC_COBERTURA_PERMEX_A_PE_MXERAL_NOIA_LISTA_RESERVA 2022.pdf)RESOLUCIÓN[ ]2823 kB

INFORMACIÓN ALEGACIÓNS MINAS S. FINX

O CABIDO DA CONFRARÍA ACORDOU POR UNANIMIDADE PRESENTAR ALEGACIÓNS EN NOME DE TODOS OS ASOCIADOS/ AS A AUTORIZACIÓN DE VERTIDOS E POSTERIOR EXPLOTACION DAS MINAS DE S. FINX, OS INFORMES ENCARGADOS POLA CONFRARÍA POÑEN DE MANIFESTO QUE SE VERTIRÁN METAIS PESADOS Á RÍA DE MUROS-NOIA. AQUELA PERSOA QUE NON ESTÉ INTERESADA EN QUE A CONFRARÍA A PRESENTE NO SEU NOME DEBE DE AVISAR ANTES DO 30  DE NOVEMBRO.

 

A CONFRARÍA

Attachments:
Download this file (MINAS S FINX.pdf)ESCRITO MINAS S. FINX[ ]374 kB

PRESENTACION APP CONFRARÍA DE NOIA

A Confraría de Noia  presenta a súa APP, a nova canle de comunicación cos seus socios/as. nos documentos adxuntos tedes á vosa disposición o código QR para a descarga da aplicación, e intruccións para o rexistro e instalación, así como un teléfono da empresa XESMAR de asistencia e soporte 986 18 65 37.

Terás á túa disposición información sobre horarios de traballos, topes de captura, avisos toxina, enlaces ás vendas e facturas, alternancias de artes etc...

Nota: os usuarios de IPHONE poderán descargar a aplicación e para usala deberán a que APPLE nos dé autorización para o seu uso.

A Confraría

Attachments:
Download this file (app1.PNG)CODIGOS QR[ ]295 kB
Download this file (app2.PNG)PASOS A SEGUIR[ ]212 kB

MEMORIA VI XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA 2021

No mes de Outubro realizaronse distintos eventos gastronómicos no marco das VI Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, o 3 de Outubro degustación de Berberecho de Noia con arroz, o 28 de Outubro, Javier Ollleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau, 2 estrelas Michelín en O Grove, visitou os nosos bancos marisqueiros, lonxa e depuradora, e posteriormente realizou un showcooking ás 17:30 no Liceo de Noia, o 31 de Outubro, en O Freixo (Outes), o cociñeiro Miguel Mosteiro elaborou 3 deliciosos pratos con BERBERECHO DE NOIA.

publicamos o enlace de video dos distintos eventos...

A confraría 


Marísqueo Ría Muros-Noia Patrimonio Cultural Inmaterial

manual buenas practicas pesca recreativa

manual buenas practicas pesca recreativa

proyecto noia muros a pe

banner naturanoia