Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

ANUNCIO ADXUDICACION E RESOLUCIÓN MEDIDA 202595S3M05 DRONS

POLA PRESENTE DAMOS PUBLICIDADE AO ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN (ADXUNTO) E RESOLUCIÓN DO MESMO TRAS LICITACIÓN DA MEDIDA 202595S3M05, INCLUIDA NO PLAN DE PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN 2024_2025 DA OPP95 COFINANCIADO POLO FONDO FEMPA E A XUNTA DE GALICIA.

SENDO A OFERTA ECONÓMICA MÁIS VENTAXOSA A PRESENTADA POR:

1º.- AEROMEDIA UAV S.L. OFERTA: 18.950,00 (IMPOSTOS NON INCLUIDOS).

2º.- WTMODE SOLUTIONS S.L: OFERTA 19491,00 (IMPOSTOS NON INCLUIDOS).

RESOLVESE ADXUDICAR O CONTRATO Á EMPRESA  AEROMEDIA UAV S.L POLO VALOR OFERTADO, SENDO A MÁIS VENTAXOSA ECONÓMICAMENTE.

A OPP95


ANUNCIO MEDIDA OPP95 202595S3M05 DRONS

POLA PRESENTE DASE PUBLICIDADE AO ANUNCIO DE CONTRATACIÓN DE DRONS PARA A VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS (MEDIDA 202595S3M05) NO MARCO DO PLAN DE PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN (PPYC)  2024-2025 DA ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES PESQUEIROS DE NOIA- OPPNOIA (OPP95).

EXPEDIENTE : 1/2024

CONDICIÓNS E REQUISITOS DETALLADOS EN DOCUMENTOS ADXUNTOS. O PRESUPOSTO NON LEVA INCLUIDO IVE.

ANUNCIO CONTRATACIÓN ASISTENCIA TECNICA PRL OPP95 MEDIDA 202595S3M01

PUBLICASE ANUNCIO PARA A CONTRATACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ORGANIZACIÓN DE 20 TALLERES FORMATIVOS E OS SEUS CONTIDOS PARA O ASESORAMENTO AOS PRODUTORES EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DURANTE O ANO 2024 E 2025 (MEDIDA 202595S3M01) NO MARCO DO PLAN DE PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN 2024-25 DA ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES PESQUEIROS DE NOIA, OPP95 NOIA.

ACOMPÁÑASE ANEXO TÉCNICO COS TRABALLOS A REALIZAR COAS CARACTERÍSTICAS MÍNIMAS E CAPACITACIÓNS.

PRAZO DO 28/11/2024 AO 02/12/2024 ÁS 19:00 HORAS. LUGAR DE PRESENTACIÓN: CORREO ELECTRÓNICO This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

A OPP95

 

ANUNCIO MEDIDA 202595S3M09 ESTUDIOS LABORATORIO

2024:

.- Durante a campaña marisqueira análisis de biotoxinas na fin de semana (alomenos o domingo) e festivos, alomenos 3 análises semanais, e alomenos unha análise semanal en períodos de inatividade marisqueira, si así o solicita a OPP95 e nas especies de moluscos que se indiquen, e repetición en caso de resultar desfavorable ata acadar a condición de favorable. Recollida en Testal (Noia).

Microbioloxía (E-colli, Salmonella) no lugar de punto de venta directa (Lugar Testal, Noia), así como na instalación para a recuperación de especies e ecosistemas mariños (O Freixo, Outes).

Punto de venta directa: 1 análise de auga mensual e repeticións necesarias en caso de resultado desfavorable, Análise anual de superficie aeróbios mesófilos.

.- Mostras de moluscos: (2 especies distintas de bivalvos): a 0 horas, a 20/24 horas e a 40/48 horas, periodicidade semanal.

.-1 análisis anual de 5 submostras de moluscos depurados e-colli, salmonella.

Na instalación para a recuperación de especies e ecosistemas mariños:

.- 1 Análisis trimestral de augas de entrada e saída da instalación de E-Colli, estreptococos, parámetros físico-químicos, DQO, nitritos, fosfatos, TOC, conductividade, PH e temperatura.

.- Analisis semestral do medio receptor, ( punto de salida condución, superficie de aguas, punto de marisqueo máis próximo e punto de no afeción), así como nos mesmos parámetros do análisis trimestral de augas.

As recollidas de mostras realizaranse na lonxa de Testal para biotoxinas, e nas propias instalacións para microbioloxía e demáis análisis.

Presuposto 2024: 3.000 € + IVE .

2025: O mesmo que no 2024 durante todo o ano 2025.

Presuposto 2025: 36.000 € + IVE

Notas: Cando o valor detectable en biotoxina lipofílica supere os 45 ug/kg equivalente de ácido ocadaico, poderá a OPP95 solicitar análisis cuxos resultados estén antes do inicio da xornada posterior de traballo no marisqueo a pe e sempre antes das 09:00 horas do día seguinte.

.

A OPP95