Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina

INFORMACION LONG LINES MEXILÓN A CREBA

Ante a instalación de colectores de mesilla de mexilón “long-line”, no polígono de bateas na Creba (Noia A) a Confraría de Pescadores de Noia INFORMA:

Que tras ter coñecemento da concesión de duas cuadrículas para a instalación destes colectores reuníronse os catro patróns da Ría, acordándose solicitar unha reunión á Conselleira do Mar para trasladarlle o malestar do sector.

A reunión realizouse o pasado 24 de Febreiro, na que se puxo de manifesto a oposición frontal desta Confraría á instalación dos colectores no polígono da Creba, ao ser unha zona de interés para o marisqueo, pesca e navalla.

A instalación concedida estará dentro da zona delimitada como polígono de bateas Noia A que aínda sendo supostamente legal, non compartimos debido á gran tamaño destas plataformas entre outros posibles inconvintes.

Esta Confraría xunto cas de Portosín, Porto do Son e Muros xa protestou e manifestou  a súa oposición a este tipo de instalacións que estaban proxectadas para outras rías e acabaron instalando na Ría de Muros-Noia.

Dende esta Confraría anunciamos que revisaremos a legalidade destes proxectos que poñen en perigo a subsistencia do sector.

 A Confraría de NOiA


Marísqueo Ría Muros-Noia Patrimonio Cultural Inmaterial

manual buenas practicas pesca recreativa

manual buenas practicas pesca recreativa

proyecto noia muros a pe

banner naturanoia