Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina


LISTA PROVISIONAL CONCURSO SOLÉNIDOS NOIA

DAMOS PUBLICIDADE Á RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE PUBLICA  A LISTA PROVISIONAL DE PUNTACIÓNS DAS EMBARCACIÓNS ADMITIDAS NO PROCESO SELECTIVO PARA ACCEDER Á MODALIDADE DE SOLÉNIDOS NO PERMISO DE EXPLOTACIÓN DE EMBARCACIÓN MODALIDDE MERGULLO EM APNEA E CON SUBMINISTRO DE AIRE DENDE SUPERFICIE AO ABEIRO DO PLAN DE XETIÓN DE SOLÉNIDOS DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN ALEGACIÓNS: 15 DIAS HABILES DENDE O DIA SEGUINTE A PUBLICACIÓN (PUBLICADO 13/03/2026)  DO 16 MARZO AO 7 ABRIL.

A CONFRARÍA DE NOIA

Attachments:
Download this file (PE401L_LISTA PROVISIONAL SOL_NOIA REV.pdf)RESOLUCION SOLENIDOS PROVISIONAL NOIA[ ]221 kB

INFORMACION CESE ACTIVIDADE

ESTANDO Á ESPERA DA RESOLUCIÓN DE CESE DE ACTIVIDADE POR CAUSA DE FORZA MAIOR POR PARTE DA CONSELLERÍA DO MAR, ADIANTAMOS DOCUMENTOS A PRESENTAR ANTE O ISM PARA TRAMITAR A PRESTACIÓN.

OBRIGATORIO PRESENTAR POR SEDE ELECTRÓNICA. PODE PRESENTARSE EN CANTO SE PUBLIQUE O PECHE.

INFORMARASE E PUBLICARASE O PECHE EN CANTO O ENVÍEN.

A CONFRARÍA DE NOIA

Attachments:
Download this file (cese a flote.pdf)cese a flote.pdf[DOCUMENTACION CESE A FLOTE]43 kB
Download this file (cese a pe.pdf)DOCUMENTACION CESE A PE[ ]33 kB

INFORMACION LONG LINES MEXILÓN A CREBA

Ante a instalación de colectores de mesilla de mexilón “long-line”, no polígono de bateas na Creba (Noia A) a Confraría de Pescadores de Noia INFORMA:

Que tras ter coñecemento da concesión de duas cuadrículas para a instalación destes colectores reuníronse os catro patróns da Ría, acordándose solicitar unha reunión á Conselleira do Mar para trasladarlle o malestar do sector.

A reunión realizouse o pasado 24 de Febreiro, na que se puxo de manifesto a oposición frontal desta Confraría á instalación dos colectores no polígono da Creba, ao ser unha zona de interés para o marisqueo, pesca e navalla.

A instalación concedida estará dentro da zona delimitada como polígono de bateas Noia A que aínda sendo supostamente legal, non compartimos debido á gran tamaño destas plataformas entre outros posibles inconvintes.

Esta Confraría xunto cas de Portosín, Porto do Son e Muros xa protestou e manifestou  a súa oposición a este tipo de instalacións que estaban proxectadas para outras rías e acabaron instalando na Ría de Muros-Noia.

Dende esta Confraría anunciamos que revisaremos a legalidade destes proxectos que poñen en perigo a subsistencia do sector.

 A Confraría de NOiA

PECHE PLAN MARISQUEO NOIA MORTANDADE

TRALOS ÚLTIMAS MOSTRAXES REALIZADAS EN DISTINTAS ZONAS NO DIA DE ONTE, O CABIDO ACORDOU POR MAIORÍA NON REANUDAR A ACTIVIDADE MARISQUEIRA DA CAMPAÑA 2025-2026, AO DETECTARSE MORTANDADES NO BERBERECHO SUPERIORES AO 80%, NA AMEIXA BABOSA MÁIS DO 90% E NA AMEIXA XAPÓNICA SOBRE UN 40%.

SOLICITARASE DA CONSELLERÍA DO MAR O PECHE POR CAUSA DE FORZA MAIOR A FIN DE PODER SOLICITAR PRESTACIÓNS AO ISM OU OUTRAS AXUDAS DA CONSELLERÍA DO MAR.

INFORMARASE DOS REQUISITOS A CUMPRIR PARA TER ACCESO ÁS PRESTACIÓNS QUE DEBERÁN SER SOLICITADAS DENDE A ASESORÍA DE CADA MARISCADOR/A.

A CONFRARÍA DE NOIA


Marísqueo Ría Muros-Noia Patrimonio Cultural Inmaterial

manual buenas practicas pesca recreativa

manual buenas practicas pesca recreativa

proyecto noia muros a pe

banner naturanoia