MEMORIA V XORNADAS EXALTACIÓN BERBERECHO DE NOIA

O pasado 15 de Outubro de 2020, celebráronse as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, esta vez catro recoñecidas cociñeiras puideron coñecer de primeira man o dificil traballo da xente do mar, mariscadores e mariscadoras, asi como o coidado e clasificación do noso excelente produto, O Berberecho de Noia, pola tarde realizaron no salón de exposicións un showcooking elaborando 4 recetas nas que o Berberecho de Noia foi homenaxeado unha vez mais.

A Xornada contou ca presenza de:

  • Lucía Freitas - Restaurante A Tafona, Lume, S. de Compostela, (Estrela Michelín).
  • María Varela Restaurante A Parada das bestas –Palas de Rei-Lugo
  • Yolanda León -Restaurante Cocinandos- León. (Estrela Michelín) e 
  • Iria Espinosa -Restaurante Árbore da Veira. A Coruña. Estrela Michelín   

ca axuda e direccion de Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa.

Estas actividades contaron co patrocinio da Xunta de Galicia co financiamento ao 75% do FEMP.

A Confraría