Cofradía de pescadores de Noia

REAPERTURA CAMPAÑA MARISQUEIRA

O CABIDO DA ENTIDADE ACORDOU POR MAIORÍA NO DÍA DE ONTE 10 DE FEBREIRO, A REAPERTURA DOS BANCOS MARISQUEIROS O VINDEIRO LUNS 15 DE FEBREIRO COS SEGUINTES TOPES:

A FLOTE: 5KG BERBERECHO TRIPULANTE ENROLADO E A BORDO, 3KG DE CADA ESPECIE DE AMEIXA.

HORARIO A FLOTE: DE 9 A 12 HORAS.

A PÉ: 3 KG BERBERECHO E 3 KG DE CADA ESPECIE DE AMEIXA.

HORARIO A PÉ : BAIXAR ÁS 10:15 HORAS E TRABALLAR 4 HORAS DENDE AS 10:30. 

O BERBERECHO PODERASE PESAR INDISTINTAMENTE NA PESA OU NAS MAQUINAS CLASIFICADORAS.... ( NON NAS DUAS, ELISEXE UNHA OPCIÓN).

ZONAS DE TRABALLO: TABOLEIRO, CUNCHEIRO, PEDRAS, TESTAL, BARREIRA, S. COSME, PICOUSO E BOA GRANDE,BROÑA, SIAVO, O DOQUE , SECA DE BROÑA, LAGOA E PORTO...

A CONFRARÍA


Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia