Cofradía de pescadores de Noia

AVISO PECHE ZONA A MISELA

POR ACORDO DA XUNTA XERAL  DA CONFRARÍA O VINDEIRO LUNS 21 DE DECEMBRO PECHARASE A ZONA DA MISELA CO FIN DE PRESERVAR PARA A VINDEIRA CAMPAÑA A GRAN CANTIDADE DE CRIA NESA ZONA, MOTIVADO POLAS FORTES CHOIVAS DESTES DIAS QUE CONLEVARON A APERTURA DAS COMPORTAS DA CENTRAL DO TAMBRE CA CONSEGUINTE BAIXDA DA SALINIDADE.

A ZONA PECHADA ESTARÁ SINALIZADA CON BOIAS.

A CONFRARÍA


Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia