Cofradía de pescadores de Noia

PUBLICACION MODIF LISTA PROVISIONAL PERMEX A PÉ

Dase publicidade á modificacion da listaxe provisional para o acceso á modalidade de marisqueo a pé para as autorizacións da Confraría de Noia...

Nota: Esta segue sendo a lista provisional, na que se inclúe unha persoa, o prazo de alegacións iniciase de novo, 15 días hábiles....

Aviso: Asimesmo informase a todos aquelas persoas incluidas nas 68 primeiros postos da citada lista que carezan do curso de Marisqueo a pe, sendo este obrigatorio para obter o permiso de explotación, vaise realizar un na escola náutica de Ribeira, as datas de matrícula son do 4 ao 8 de Xaneiro de 2021, con inicio o 13/01/2021 e finalización o 12/02/2021, en horario de 10:00 a 14:00 horas mércores e venres...máis información no 881 866317

A Confraría

Attachments:
Download this file (MODIF LISTAXE PROVISIONAL MARISQUEO A PÉ NOIA.pdf)modificación lista provisional[ ]245 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia