Cofradía de pescadores de Noia

LISTAXE PROVISIONAL PERMEX A PÉ NOIA

Pola presente dase publicidade hoxe Martes 24 de Novembro,  á listaxe provisional de puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé no ámbito da Confraría de PEscadores de Noia.

As persoas aspirantes disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do dia seguinte ao da publicación da presente resolución, para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas...

A CONFRARÍA

Attachments:
Download this file (RES LISTAXE PROV PERMEX  NOIA.pdf)LISTAXE PROVISIONAL[ ]869 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia