Cofradía de pescadores de Noia

PROXIMO CURSO FORMACIÓN BASICA NOIA

PRÓXIMO INICIO CURSO FORMACIÓN BÁSICA

INICIO  19 DE NOVEMBRO 2018

 HORARIO DE TARDE: 16:00 A 22:00.

 MÁXIMO 20 ALUMNOS. PODEN INSCRIBIRSE CUMPRIMENTANDO A SOLICITUDE QUE SE ADXUNTA. E REMITINDO a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entregala na oficina da confraría.

LUGAR CELEBRACIÓN CURSO: NOIA

 

Attachments:
Download this file (FichaAlumno_Datos.pdf)CURSO F BASICA NOIA[ ]84 kB

Confraría de Pescadores S. Bartolomé

A Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, con entidade xurídica propia, que ten como ámbito territorial aos concellos de Noia e Outes, concellos estos nos que o marisqueo supón a principal actividade empresarial.

Son 1355 persoas entre armadores, tripulantes e mariscadores/as de a pé os que voluntariamente están asociados á entidade, ademáis de outras 200 persoas que acuden de Portosín, Porto do Son e Muros a traballar aos bancos naturais de Noia.

A Confraría comercializa únicamente moluscos bivalvos, sendo o berberecho a especie máis importante, tamén se comercializan ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xaponica e ostra. Segundo o portal web da Consellería do M. Rural e do Mar pescadegalicia.com máis do 70 % do berberecho comercializado en Galicia, faise nas lonxas que esta entidade administra en Testal (Noia) e o Freixo (Outes).

A actividade extractiva nas autorizacións da Entidade, realizase habitualmente entre os meses de Outubro a Marzo.

 

A Confraría de Noia é a única en Galicia que conta cun criadoiro propio, polo que a trazabilidade do producto é unha garantía; non se sementa nada que non proceda do propio criadoiro. Nos meses de campaña marisqueira, en horario de 12:00 a 14:00 horas está aberta para calquer persoa ou empresa que desexa mercar productos da lonxa depurados a depuradora da lonxa de Testal.

Vista aérea vila de Noia