Cofradía de pescadores de Noia

A ría a nosa mina


RESOLUCION CONCURSO COBERTURA VACANTES MARISQUEO A PÉ

RESOLUCION DO 15 DE MARZO DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE  SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

Prégaselles ás persoas solicitantes, que aporten xunto coa restante documentación, o documento indicado no apartado 1.3 c.1 do Anexo A da mesma:

 c.1) Demandante de emprego:

Informe actualizado dos períodos de inscrición do servizo público de Emprego acreditando o tempo que estivo inscrito como demandante de emprego, expedido pola oficina de emprego.


  Xa que nestes intres por problemas técnicos, baixo a autorización para a súa consulta a  Consellería do Mar, non é posible a obtención de dito documento polo que sería necesario requerirlles ás persoas solicitantes a súa presentación demorando a tramitación do proceso.

A resolución publicouse na web da Consellería do MAr, hoxe 16 de Marzo, polo que neste caso o prazo de entrega de solicitudes será deo 19 de Marzo ao 10 de Abril (15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución)

 Para máis información poden chamar ou consultar nas oficinas da Confraría de Noia. Temos á súa disposición impresos de taxas cumprimentados.

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (PE401B.pdf)SOLICITUDE[ ]116 kB
Descargar este archivo (RESOLUCION CONVOCATORIA XERAL A PÉ_NOIA.pdf)CONCURSO A PE[ ]1205 kB


ORZAMENTOS 2017

A XUNTA XERAL EN REUNIÓN ORDINARIA CELEBRADA ONTE 29 DE DECEMBRO APROBOU POR UNANIMIDADE  DOS ASISTENTES OS ORZAMENTOS DE INGRESOS E GASTOS PARA O ANO 2017, PODEN CONSULTARSE AQUÍ NA WEB DA ENTIDADE OU NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DA CONFRARÍA.

Adjuntos:
Descargar este archivo (orzamentos 2017.pdf)ORZAMENTOS 2017[ ]865 kB

Subcategorías

Comunicados y avisos oficiales de la cofradía.

Noticias del sector