Cofradía de pescadores de Noia

COMUNICACIÓN SORTEO PRAZAS MARISQUEO A PÉ-NOIA

DAMOS PUBLICIADADE Á COMUNICACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, DA CELEBRACIÓN DUN SORTEO PARA DIRIMIR O EMPATE ENTRE 68 PERSOAS CANDIDATAS DO LISTADO PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS PARA A COBERTURA DE 10 PRAZAS CONVOCADAS PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN NA MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE NOIA.

LUGAR: SALÓN ACTOS . SOCIEDADE CULTURAL RECREATIVA LICEO DE NOIA

ALAMEDA DE NOIA S/N 15200 NOIA

DATA: 26 DE MARZO

HORA: 10:30 EN 1ª CONVOCATORIA- 11:00 H EN 2ª CONVOCATORIA.

UNHA VEZ ADXUDICADAS AS 10 PRAZAS. ELABORARASE A LISTA DE RESERVA E COMUNICARASE O NUMERO DE PRAZAS A CUBRIR A MAIORES DAS 10 SORTEADAS NO MOMENTO.

A CONFRARÍA